O proxecto Nursing Now Galicia foi galardonado co Premio Redacción Médica á Sanidade de Galicia 2020

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ourense, xoves 20 de febreiro de 2020. O proxecto Nursing Now Galicia gañou na categoría Acción Enfermeira da IV edición dos Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia, organizados polo xornal líder da sanidade española, Redacción Médica. Premiáronse trece categorías diferentes para poñer así en valor as múltiples perspectivas do sistema sanitario galego.

 

A presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, o vicepresidente, Samuel Rodríguez Castro e o tesoureiro, Jaime Cerradelo Lama, acudiron hoxe a Santiago de Compostela a recoller o premio en

representación do equipo ourensano que forma parte do proxecto Nursing Now Galicia, xunto ós Colexios Oficiais de Enfermería de A Coruña, Lugo y Pontevedra, así como a Consellería de Sanidade.

Este galardón supón o recoñecemento do interese que espertou esta iniciativa e unha valoración moi positiva das accións que se están a realizar neste grupo de traballo. “Todavía nos queda mucho por hacer. Tenemos que seguir trabajando para conseguir mejoras en la inversión, en las condiciones de empleo y en la difusión de prácticas efectivas e innovadoras en Enfermería. Pero gracias a este galardón, sabemos que vamos por buen camino”, comenta Ascensión Pérez.

A candidatura de Nursing Now Galicia foi premiada por un prestixioso xurado formado por trece personalidades do ámbito sanitario, e presidido por Jesús Aguilar Santamaría, presidente do Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos.

 

premios inicio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Nursing Now Galicia

Nursing Now é unha iniciativa a nivel mundial á que se adscribiron os Colexios Oficiais de Enfermería de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, xunto á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, formando o grupo Enfermería Agora Galicia – Nursing Now Galicia. O proxecto arrancou en outubro de 2019 co obxectivo principal de visibilizar a profesión enfermeira na sociedade durante o ano 2020, aproveitando que se celebra o Ano Internacional das Enfermeiras e Matronas.

Enfermería Agora Galicia pretende que o goberno e os pacientes valoren a labor dos/as enfermeiros/as e fomenten o seu liderazgo co gallo de reforzar a calidade dos coidados e mellorar a saúde da poboación.

Para conseguir estes obxectivos, dende o proxecto Nursing Now Galicia vese como fundamental a implicación dos/as enfermeiros/as e matronas nas políticas globais de saúde, incentivar a súa presenza en postos de liderazgo e promover as oportunidades de desenvolvemento e a toma de decisións nos ámbitos nos que poden ter maior protagonismo.

 

Outros nominados da provincia

A provincia de Ourense tamén se viu representada noutras categorías dos IV Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia, poñendo de manifesto a gran labor profesional que se realiza nos centros sanitarios ourensáns.

Na categoría de Acción Farmacéutica, seleccionouse ó Colexio de Farmacéuticos de Ourense pola organización de charlas para identificar a violencia de xénero.

Tamén forma parte dos nominados o doutor Joaquín Cubiella Fernández, especialista en gastroenteroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na categoría de Médicos.

Por último, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, aspiran a conseguir o galardón Redacción Médica deste ano na categoría de Área Sanitaria.

 

 


Imprimir  
powered by social2s